Presentación do libro Francisco Fernández del Riego. Vigo dende o corazón de Galicia

Hoxe xoves, 10 de xaneiro ás 19 horas na Casa Galega da Cultura de Vigo, sita na Praza da Princesa, 2, terá lugar a presentación do libro Francisco Fernández del Riego. Vigo dende o corazón de Galicia, promovido pola Fundación Penzol e a Editorial Galaxia e patrocinado polo Concello de Vigo. Con esta obra queremos […]
Presentación de VERDE OLIVA en Ferrol

O escritor Xavier Alcalá presentará a súa nova novela, "Verde Oliva", acompañado do tamén escritor e director xeral de Galaxia, Víctor F. Freixanes e polo poeta Alfredo Ferreiro, quen manterá unha conversa co autor. Da novela, recentemente traducida ao castelán, ofrecimos en aberto o primeiro capítulo, para a súa lectura de balde, cousa que podes […]
'A forma das nubes', libro do mes

Como vimos facendo dende hai moitos meses, dende a web da Editorial Galaxia e coa idea de contribuir ao espallamento da nosa literatura máis actual, ofrecemos de balde algunhas páxinas dalgún dos libros máis sobranceiros de entre as nosas novidades. E, desta volta, quen acceda á web de Galaxia (http://www.editorialgalaxia.com) poderá descargarse totalmente de balde […]
Hoxe, Francisco Fernández del Riego cumpriría cen anos

No 2012, a Editorial Galaxia abriu un espazo web como homenaxe a Carlos Casares co gallo dos dez anos do seu pasamento. Desta volta,hoxe 7 de xaneiro, a editorial vai homenaxear a un dos seus fundadores, Francisco Fernández del Riego, coa apertura dun blog ao que se accederá dende a web de Galaxia (http://www.editorialgalaxia.com) e […]
Cen anos con Fernández del Riego

Conmemoramos esta ano o cincuenta aniversario da primeira edición do Día das Letras Galegas, iniciativa feliz da Real Academia Galega que dende entón dedica o 17 de maio a unha figura sobranceira das nosas letras. A idea xurdiu de tres persoas, membros da devandita institución, relacionados coa Editorial Galaxia: Manuel Gómez Román, Xesús Ferro Couselo […]
Novas incorporacións á Fundación Penzol

A Fundación Penzol, inciativa do bibliófilo galeguista Fermín Penzol Labandeira (1901-1981) está a piques de cumprir 50 anos de existencia. Para a conmemoración deste acontecemento preparamos unha serie de actividades que iremos presentando ao longo dos próximos meses. Na última xuntanza da Fundación incorporáronse novas persoas ao Padroado: María Dolores Villanueva, Carmen Pérez Pais, Manuel […]
Concerto de Mamá Cabra en Ribeira

Os Reis Magos xa están aí, chamando ás portas e de seguro que virán cheíños de libros en galego para agasallar aos nenos e nenas que se portan ben, ou sexa, a todos e todas. E para esperar por eles como é debido, Mamá Cabra actuará este venres, no Auditorio Municipal ás 19 horas, para […]
Feliz 2013

Rematado o Ano Casares, dez anos despois do seu pasamento, a nosa tarxeta de felicitación de aninovo tiña que estar protagonizada por el, que ademais de escritor, foi director moitos anos da Editorial Galaxia. Rematemos ben o ano, convencidos de que o 2013 vai ser inesquecible, por bo. Loitaremos para que sexa así.