Efemérides para o ano 2013

O ano que iniciamos está cheo de memorias para esta casa, algunas comúns á cultura galega, e mesmo á cultura universal, coma os 150 anos da primeira edición de "Cantares Gallegos" de Rosalía de Castro (Vigo, 1863), libro que inaugura a historia do Rexurdimento das letras galegas no século XIX e, en gran medida, a […]
Presentación de LAURA NO DESERTO en Pontevedra

O escritor Antón Riveiro Coello presentará a súa novela 'Laura no deserto' en Pontevedra, o 18 de xaneiro, ás 20 horas, na Casa das Campás. Organiza Maio longo, coa colaboración do concello de Pontevedra e editorial Galaxia. Coa intervención de Luís Bará, concelleiro de patrimonio histórico Carlos Lema, editor (editorial Galaxia) e Antón Riveiro Coello, […]
Vídeo de María Fumaça

No seu día foi O MERCADO. Logo, BANANA PHONE. Agora, damos en aberto, para o seu visionado de balde, o clip do tema que dá título ao traballo do que foi, sen dúbida, o agasallo do pasado Nadal, unha proposta musical arredor da vida, o amor e as ganas de vivir. Escollemos este video porque […]
Presentación en Madrid de O CASO MÁIS ESTRAÑO DO DETECTIVE MARSCHEN

Este xoves, o profesor e escritor Xavier Frías Conde presentará na Tenda Aturuxo Galega de Madrid, acompañado do editor do libro Francisco Castro, o seu novo libro, publicado na Colección Árbore 12 anos, 'O caso máis estraño do detective Marschen', un libro que non conta unha historia, senón moitas historias. Algunhas fantásticas e outras non […]
Presentación de A VACA CANÍBAL en Santiago

Este mércores, a escritora Marilar Aleixandre presenta o seu novo libro, "A vaca caníbal", publicado na colección Árbore de Galaxia. A autora estará acompañada polo profesor e académica Xesús Ferro Ruibal e o editor do libro, o tamén escritor Francisco Castro. A literatura serve para moitas cousas. Tamén para que as vacas poidan reflexionar, contar […]
O NENO CAN entra na LISTA DO CENTRO IBBY DE DOCUMENTACIÓN PARA NENOS CON DIFICULTADES ESPECIAIS

O Centro IBBY de Documentación para Nenos con Dificultudes Especiais, con sede en Oslo, decidiu a partir do dictame dunha comisión de expertos, incluir O NENO CAN, de Fina Casalderrey e Francisco Castro, na súa Lista Outstanding Books 2013, é dicir, na súa lista de libros destacados polo seu tratamento da discapacidade. Isto implica, ademais […]
Fin de semana con 'O señor das Dunas'

Co cambio de ano reinicia a súa actividade FalaRedes, o programa de dinamización da Secretaría Xeral de Política Lingüística para a Rede de Dinamización Lingüística na que colabora, entre outras empresas culturais, a Editorial Galaxia. FalaRedes lévase adiante en máis de 90 entidades locais e consta dun mollo de actividades diferentes. Entre outras, ‘O señor […]
Presentación en Ferrol de "Verde oliva"

Un escritor pulmón. Un narrador de estirpe. Un auténtico levantador de historias. Así describiu a Alcalá o crítico Vicente Araguas nun texto que enviou para que se lese no acto, xa que non puido estar presente no mesmo. Un entusiasta grupo de lectores amigos acompañaron ao autor e aos presentadores na sala Sargadelos. Xavier Alcalá […]