Homenaxe a Neira Vilas

O autor de 'Memorias dun neno labrego' segue recibindo recoñecementos por todo o país. E así, este domingo, serán os seus veciños de Codeso os que llo darán cun amplo programa de actos que se celebrará no Local Sociocultural de Codeso.. Na homenaxe participarán José Antonio Solano (cónsul de Cuba), Mini e Mero, Luz Fandiño, […]
MAR MAIOR/ EDITORIAL GALAXIA na Feira do Libro de Buenos Aires

Trátase dun lanzamento editorial que, empezando en Buenos Aires, que foi capital histórica da cultura galega durante as décadas dos anos 40 e 50, e onde residen na actualidade arredor de 600.000 fillos e netos de galegos, proxectará a cultura e os libros galegos nos mercados internacionais. Un desafío cara a globalización. MAR MAIOR Editorial […]
Inauguración da exposición '50 aniversario da Fundación Penzol'

Este venres celebrarase o acto de inauguración da exposición FERMÍN PENZOL. UNHA OBRA PARA UN PAIS, ás 12:30 horas, na Casa Galega da Cultura de Vigo, (Praza da Princesa, 2) con gallo do 50 ANIVERSARIO DA FUNDACIÓN PENZOL. A exposición estará aberta ao público ata o 26 de maio de 2013 en horario de luns […]
Casetas, libros e cadernos

Poucas lembranzas teño da miña vida que ocorran lonxe dos libros. Dende cativo fun un lector voraz. Sei que durante toda a miña infancia estiven preto da lectura grazas a unha conversa co meu pai. Mentres baixabamos pola rúa do Preguntoiro fíxome ver que xa era tempo de comezar a abrir os libros que había […]
50 anos coa Fundación Penzol

Este venres, e coincidindo coa inauguración da exposición '50 aniversario da Fundación Penzol' na Casa Galega da Cultura de Vigo ás 12.30, presentarase o número de 'Grial' dedicado aos 50 anos da Fundación, a cal, un 7 de abril de 1963, hai medio século, se formalizaba en Vigo, mediante escritura notarial. Ese día fíxose unha […]
Xa podes ver o adianto do documental 'Un chapeu negro e un nariz de pallaso'

Dende hoxe, Día do Libro, ofrecemos dende a ligazón á dereita destas liñas, un adianto de oito minutos do documental asinado por Gonzalo Enríquez Veloso, que acompaña o libro escrito por Montse Pena Presas, 'Un chapeu negro e un nariz de pallaso'. No documental, ademais de ver partes importantes dun monólogo de Roberto Vidal Bolaño, […]
23 de abril, Día do Libro

Como cada 23 de abril, celébrase en todo o mundo o Día do Libro. Unha festividade laica para homenaxear un dos inventos mellores que nunca houbo nin probablemente haberá como é o libro. Un día, tamén, para achegarse polas librerías de todo o país que hoxe ofrecen descontos de ata un dez por cento. Aínda […]
María Xosé Queizán, autora galardoada nos Premios Irmanda do Libro

O pasado sábado, a Federación de Libreiros de Galicia entregou, como leva facendo dende hai 22 anos, os seus premios Irmandade do Libro. Este ano, a escritora viguesa María Xosé Queizán foi a escollida como a autora galardoada pola súa traxectoria. O xurado valorou "a longa e moi definida traxectoria en traballar polo galego dende […]