Antón Riveiro Coello e María Solar optan aos Premios Gala do Libro Galego 2016

A Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG), a Asociación Galega de Editoras (AGE) e a Federación de Librarías de Galicia veñen de facer pública a listaxe de obras finalistas para os Premios Gala do Libro Galego 2016, que se celebrará o sábado 14 de maio de 2016 no Teatro Principal de Santiago […]

Por que ler a Manuel María (tamén) após o 17 de Maio

O Día das Letras Galegas debe acompañar a xusta e meritoria recuperación de autores e autoras (en maior medida, se queremos mirarnos nun espello que reflicta a imaxe real do noso sistema literario) que construíron un persoal afluente alimentador dese gran río que é a literatura galega, cuxa canle discorre, con diferentes tramos e cursos, […]

Francisco Castro presenta Amor é unha palabra coma outra calquera en Marín

Francisco Castro presenta o seu novo libro, Amor é unha palabra coma outra calquera, mañá venres 6 de maio ás 20h no Museo Torres de Marín, acompañado pola concelleira de cultura María José de Pazo Marín e pola escritora Sabela González. Amor é unha palabra coma outra calquera… ou non. Carla, a protagonista desta novela, […]

Semana de intensa actividade literaria na Arxentina

A intensa actividade desenvolvida pola expedición de Editorial Galaxia na Feira Internacional do Libro de Bos Aires chega ao longo dos próximos días ao seu fin e faino cunha morea de actos. Hoxe martes, día 3, Xavier Alcalá, Xavier Queipo e Xosé María Saiz Pena (Antón Vialle) participan na xornada "Traducir os clásicos: De Ulises […]

Presentación da Antoloxía poética de Manuel María, na Feira do Libro de Santiago

A Feira do Libro acollerá mañá xoves día 5 ás 20h a presentación en Compostela da Antoloxía Poética de Manuel María, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2016, realizada por Darío Xohán Cabana e Amelia Outeiro Portela e publicada pola Editorial Galaxia. Esta antoloxía recolle unha ampla mostra da enorme dimensión da obra poética […]

María Rosa Lojo presentou El libro de las siniguales y el único sinigual

A organización da Feria Internacional del Libro de Buenos Aires reservou a Sala Leopoldo Lugones, a de máis aforo do recinto, para a presentación do libro de María Rosa Lojo, "El libro de las siniguales y el único sinigual", un fermoso álbum ilustrado por Leonor Beutler e editado por Mar Maior. Acompañaron á autora Francisco […]

Luís Gonzalez Tosar ingresa na Academia Arxentina das Letras

O pasado xoves celebrouse o ingreso de Luís Gonzalez Tosar como académico correspondente na Academia Arxentina das Letras, un dos actos máis importantes da Feria Internacional del Libro de Buenos Aires neste ano no que Santiago de Compostela é a cidade convidada e na que ten tanto protagonismo a literatura galega. O poeta estivo acompañado, […]

Lourenço, xograr visita a Feira do Libro de Compostela

Manuel Portas presenta mañá sábado, día 30, ás 20h, na Feira do Libro de Compostela a súa última novela, Lourenço, xograr, Premio de Novela Manuel García Barros 2015. Estará acompañado pola crítica literaria Dolores Vilavedra e por Arturo Ponte. Lourenço, xograr contribúe á divulgación da historia e da literatura medieval galegas por medio dun personaxe […]