Segunda edición para 'Bágoa de lúa'

No mes de xullo a Editorial Galaxia publicaba o primeiro tomo da triloxía 'As crónicas de Landereina' de Sabela González e titulada 'Bágoa de lúa'. A pesar de ser o verán comercialmente unha época menor en vendas, este libro de debut da autora, enmarcado no xénero da Literatura Fantástica, conseguiu esgatar a súa primeira edición […]
Novas edicións para Cunqueiro

O público de Álvaro Cunqueiro é, ademais dun lectorado fiel, un público que medra xeración tras xeración. Mais é normal: é ben difícil escapar do fermoso influxo e da beleza sostida nas páxinas soñadas polo señor de Mondoñedo. Iso explica que decote teñamos que reimprimir as súas obras, que se esgotan no mercado das librerías, […]
Os amigos de Buenos Aires visitan Galaxia

Volven a casa despois de catorce días en Galicia. Catorce días intensos, nos que percorreron o país e visitaron algunhas das institucións máis significativas da nosa cultura: dende a Real Academia Galega e o Consello da Cultura Galega á Fundación Rosalía de Castro ou a casa de Ramón Otero Pedrayo en Trasalba, a Insua dos […]
A Editorial Galaxia anuncia a publicación en galego do Ulises de Joyce

A Editorial Galaxia vai publicar neste derradeiro trimestre o Ulises de James Joyce. Durante oito anos, un equipo de tradutores composto por Eva Almazán, María Alonso Seisdedos, Xavier Queipo e Antón Vialle, traballaron, coordinados por Carlos Lema, director de edicións de Galaxia, na versión en lingua galega dunha das grandes obras da narrativa contemporánea. Estamos […]
Xa podes ver 'Camiño Branco' o novo vídeo de Najla Shami

O pasado venres presentabamos en Compostela, no espazo Miramemira, o novo vídeo de Najla Shami, 'Camiño Branco', un dos temas presentes no seu libro-disco 'Na lingua que eu falo'. Xa podes descargalo da nosa canle de youtube na ligazón á dereita destas liñas. FICHA TÉCNICA Dirección e guión | Márcio-André Estudio | Miramemira Cámara | […]
Najla Shami presentou o seu novo vídeo 'Camiño Branco'

O pasado venres, no espazo Miramemira de Compostela, e acompañada do editor Francisco Castro, a cantante Najla Shami presentou nun acto para os medios de comunicación e o público, o seu novo vídeo, 'Camiño Branco' dirixido polo artista brasileiro Márcio-André. En días vindeiros subiremos á nosa canle de youtube o traballo, fermoso e sorprendente. Hoxe, […]
ESCOLARES ARXENTINOS NA FUNDACIÓN OTERO PEDRAYO

O pasado venres, un grupo de vinte e tres estudantes e profesores do Instituto de Educación Santiago Apostol, -escola galega mantidas polos emigantes e administración galega en Buenos Aires e punto de encontro educativo de todas as asociacións da colectividade- visitaron varios puntos de Ourense. Despois de percorrer a cidade, achegáronse a Trasalba, sobre as […]
Faladoiro arredor da presentación de GRIAL 198

Afrontaremos a situación. Pero nada volverá ser como antes. Naturalmente, tampouco para Galicia e a cultura galega, que non é unha illa nin está soa no mundo. A globalización é unha realidade histórica e non existen solucións locais, nin a luz da saída do túnel se albisca próxima. Ramón Villares, Xosé Carlos Arias e Víctor […]