Presentación de A GARZA INSOMNE

Presentación do libro 'A Garza insomne', cos nove relatos finalistas das últimas tres edicións do concurso Manuel Murguía. O acto celebrarase o venres, 13 de maio, ás 19:30 no Centro Cívico do Concello. O evento estará acompañado dun recital do grupo 4Jazz, a plantación dunha árbore conmemorativa do 25 aniversario do certame e unha lembranza […]
Presentación do novo libro de Francisco Castro en Ourense

O escritor Francisco Castro presentará a súa nova novela, AMOR É UNHA PALABRA COMA OUTRA CALQUERA mañá venres ás 20 horas en El Cercano. O autor estará acompañado pola actriz e escritora Nati Borrajo. Estes días, a novela de Castro entra no prelo para a súa terceira edición en catro meses.
Mercedes Queixas presenta en Carballo "Labrego con algo de poeta"
Mercedes Queixas Zas luns presenta o vindeiro , día 9, ás 20h, na Biblioteca Rego da Balsa de Carballo Labrego con algo de poeta. Biografía de Manuel María , unha achega fundamental para coñecer a vida e a obra do poeta chairego ao que a Real Academia Galega lle adica o próximo 17 de maio […]
Presentación de A BERENGUELA na Coruña

Mañá xoves presentaremos na librería Motio Conto da Coruña a obra A BERENGUELA. OPERETA PARA VOZ NARRADA E CUARTETO DE CLARINETES SOBRE UN TEXTO DE MANUEL MARÍA CON MÚSICA DE NANI GARCÍA. Un fermoso proxecto no que tamén participaron Miguelanxo Prado nas ilustracións e a actriz María Inés Cuadrado poñendo a súa voz neste libro-disco. […]
Uxía e Magín Blanco presentan Canta o Cuco na Feira do Libro de Compostela
Uxía e Magín Blanco presentan este venres, día 6, ás 20h, na Feira do Libro de Compostela o libro-disco Canta o cuco, acompañados por Romina Bal e Arturo Ponte. Estes dous artistas poñen en común o seu talento para renderlle unha sentida homenaxe ao poeta lugués Manuel María, a quen se lle adica o Día […]
Manuel Núñez Singala presenta Camiños na auga en Pontevedra
Manuel Núñez Singala presenta o próximo luns, día 9, ás 18h, o seu novo libro, a novela Camiños na auga, na Praza da Verdura de Pontevedra, dentro das actividades da programación "Maio, mes da lingua" que organizan Onda Cero e o Concello. Camiños na auga conta a historia de Szymo, un rapaz albino que escapa […]
Ramón Rozas

As vidas de todos nós están cheas de elefantes. De imaxes da nenez nas que refuxiarmos unha e outra vez para buscar acubillo ante o desacougo que tantas veces asoma ao longo da vida. Ler este libro supón acompañar a unha serie de personaxes nun momento determinado das súas vidas no que todos eles conflúen, […]
Camilo Nogueira, Premio Trasalba 2016
O economista, enxeñeiro, ensaísta e político galego Camilo Nogueira Román (Lavadores, Vigo, 1936) recibirá o próximo 26 de xuño o Premio Trasalba que todos os anos concede a Fundación Otero Pedrayo a unha personalidade destacada no galeguismo. O escritor Suso de Toro, que en 1991 publicou o libro de conversas Camilo Nogueira e outras voces, […]