Presentación de 'O derradeiro libro de Emma Olsen', de Berta Dávila en Compostela

Este xoves, ás 20 horas, na librería Couceiro de Compostela, presentarase o libro de Berta Dávila, Premio Repsol de Narrativa Breve 2013, 'O derradeiro libro de Emma Olsen'. Acompañarán a autora, a escritora Anxos Sumai, o poeta Gonzalo Hermo e mais Arturo Ponte en representación da Editorial Galaxia. O xurado do Premio de Narrativa Breve […]
Éxito da presentación do libro-disco de Antón Seoane en Santiago

Acompañado de Marcos Maceira, presidente da A.C. O Galo, o músico Roberto Sobrado e do editor do libro, o escritor Francisco Castro, o músico Antón Seoane presentou este mércores, no espazo enocultural 'Vide, Vide' de Santiago de Compostela, o seu libro-disco, 'De Voces Ceibes a Milladoiro'. A xornada foi un completo éxito de xente que […]
«A praia dos afogados» rodarase a partir de Semana Santa

«Esperamos poder empezar a rodaxe despois de Semana Santa», manifestou o director de cine Gerardo Herrero, referíndose ao comezo da gravación de «A praia dos afogados», a adaptación da novela do escritor vigués Domingo Villar. Carmelo Gómez é o actor elixido para encarnar ao inspector Leo Caldas. Haberá tamén moitos actores galegos nesta produción. como […]
Na despedida de Berrogüetto

O pasado martes axitábase a escena cultural galega ao se coñecer o comunicado no que Berrogüetto anunciaba a súa despedida dos escenarios logo de 18 anos e moitos discos. O seu derradeiro traballo, o libro-disco-DVD que publicamos en Galaxia, da autoría de Fernando Neira, 'Berrogüetto. O pulso da terra' convírtese, así, no seu legado definitivo, […]
Cuarta edición para 'As lambetadas de LARPEIROS'

Hai poucos días comezaba a chegar ás librerías de Galicia a cuarta edición do libro de Merchi Rodal, 'As lambetadas de LARPEIROS', un mollo de dóces sobremesas saídas da imaxinación larpeira da pasteleira do popular programa de televisión. A acollida entre o público galego deste receitario é sen dúbida espectacular, se temos en conta que […]
Presentación do libro+CD De Voces Ceibes a Milladoiro de Antón Seoane en Santiago

Este mércores presentaremos o libro-disco de Antón Seoane, 'De Voces Ceibes a Milladoiro' én Santiago de Compostela. A cita, abeirados a A.C. O Galo, será no Espazo Enocultural Vide, Vide, polo que, ao remate do acto, desgustaremos xuntos un viño galego. No acto participarán, ademais do autor, en representación da A.C. O Galo Marcos Maceira […]
Éxito arrollador de Pablo Díaz na Coruña

Levabamos días comentándoo. Que a expectación que estaba a crear o concerto de Pablo Díaz, presentando o seu novo libro-disco 'Toc Toc' que acabamos de publicar en Galaxia, na Coruña, o pasado sábado, era enorme. Confirmóusenos na véspera, cando soubemos que xa restaban moi pouquiñas entradas para conseguir o cheo nas dúas sesións previstas. E, […]
Empeza a rodaxe de ‘A Esmorga’

O director Ignacio Vilar, os tres protagonistas da película, Miguel de Lira, Karra Elejalde e Antonio Durán ‘Morris’, presentaron na compaña de Francisco Castro, en representación da Editorial Galaxia, o pasado mércores na Praza Maior de Ourense a rodaxe de ‘A Esmorga’ baseada na obra de Eduardo Blanco Amor e que, segundo adiantou Vilar, xa […]