Acompañado de Marcos Maceira, presidente da A.C. O Galo, o músico Roberto Sobrado e do editor do libro, o escritor Francisco Castro, o músico Antón Seoane presentou este mércores, no espazo enocultural 'Vide, Vide' de Santiago de Compostela, o seu libro-disco, 'De Voces Ceibes a Milladoiro'.
A xornada foi un completo éxito de xente que abarrotou o local para coñecer de primeira man a testemuña dun home fundamental para entender a música de nós.
No noso blogue deixamos unha completa fotogalería da xornada.