Hai poucos días comezaba a chegar ás librerías de Galicia a cuarta edición do libro de Merchi Rodal, 'As lambetadas de LARPEIROS', un mollo de dóces sobremesas saídas da imaxinación larpeira da pasteleira do popular programa de televisión.
A acollida entre o público galego deste receitario é sen dúbida espectacular, se temos en conta que saiu no pasado mes de Maio, polo que, sen dúbida, podemos afirmar que estamos diante dun dos éxitos editoriais do pasado ano 2013 e con vocación, estamos certos, de seguir igual durante este 2014 recén estreado.