Begoña Caamaño, Antón Riveiro Coello e Víctor Freixanes optan ao Mondoñedo 10

A Asociación As San Lucas en colaboración co Colectivo Mondoñedo É e o Concello de Mondoñedo convovan os Premios Mondoñedo 10. Na modalidade de narrativa optan a facerse co recoñecemento tres novelas de Galaxia: Morgana en Esmelle, de Begoña Caamaño, Laura no deserto, de Antón Riveiro Coello, e Cabalo de ouros, de Víctor Freixanes. O […]

Galaxia prepara un poemario de Rebeca Baceiredo

A colección de poesía da nosa editorial volve con forza coa publicación do poemario de Rebeca Baceiredo, ‘O canto da sibila’. A autora, coñecida ata o de agora pola súa vizosa actividade ensaística na nosa editorial publicou ‘O suxeito posmoderno. Entre a estética e o consumo’, Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2005) proponnos neste libro […]

Presentación de A familia de Pascual Duarte en Vigo

Camilo José Cela Conde (fillo do escritor) e Jorge Cela Trulock (irmán) darán unha conferencia sobre ‘A raíz de Cela. Claves da versión galega d’A Familia de Pascual Duarte’. No coloquio intervirán tamén Román Rodríguez, conselleiro de cultura da Xunta de Galicia, Ceferino de Blas (exdirector de Faro de Vigo) e o editor Víctor F. […]

Os cabezombis na Mansión Espello

Herdar unha mansión semella ser sempre unha boa nova, pero se nesa casa viven uns cabezombis dispostos a que o inquilino teña unha estancia do menos convencional poden pasar moitas cousas divertidas.

Presentación de Todo canto fomos en Pontevedra

Este xoves Xosé Monteagudo presenta en Pontevedra a súa última novela Todo canto fomos acompañado polo tamén escritor, Antón Riveiro Coello, e polo director da Editorial Galaxia, Víctor F. Freixanes. O acto terá lugar ás 20.30h na Casa das Campás e conta coa colaboración da Asociación Maio Longo. Encantaríanos vervos alí! Agardámosvos!

Éxito na presentación do facsímil A familia de Pascual Duarte

Ceferino de Blas, exdirector do Faro de Vigo, Camilo José Cela Conde, fillo do escritor, Román Rodríguez, conselleiro de Cultura e Educación, Jorge Cela Trulock, irmán do escritor e Víctor Freixanes, director da Editorial Galaxia conversaron este venres sobre ‘A raíz de Cela. Claves da versión galega d’A Familia de Pascual Duarte’. O libro foi […]

Éxito na presentación do facsímil A familia de Pascual Duarte

Ceferino de Blas, exdirector do Faro de Vigo, Camilo José Cela Conde, fillo do escritor, Román Rodríguez, conselleiro de Cultura e Educación, Jorge Cela Trulock, irmán do escritor e Víctor Freixanes, director da Editorial Galaxia conversaron este venres sobre ‘A raíz de Cela. Claves da versión galega d’A Familia de Pascual Duarte’. O libro foi […]

Tempo de incertezas. Ensaios sobre federalismo e diversidade nacional

Nuns días estará nas librerías do país o ensaio Tempo de incertezas, do catedrático de ciencia política da Universidade do Quebec, Alain-G. Gagnon. O autor reflexiona sobre as razóns polas que os cidadáns precisan institucións comúns para afondar no exercicio democrático e enriquecer os intercambios entre comunidades. Gagnon estuda as vías de reconciliación comunitaria volvendo […]