Tempo de incertezas. Ensaios sobre federalismo e diversidade nacional

Nuns días estará nas librerías do país o ensaio Tempo de incertezas, do catedrático de ciencia política da Universidade do Quebec, Alain-G. Gagnon. O autor reflexiona sobre as razóns polas que os cidadáns precisan institucións comúns para afondar no exercicio democrático e enriquecer os intercambios entre comunidades. Gagnon estuda as vías de reconciliación comunitaria volvendo […]
Malores Villanueva incorpórase ao equipo da Editorial Galaxia

Malores Villanueva incorporouse ao equipo da Editorial Galaxia para desenvolver labores de edición e comunicación. É licenciada en Filoloxía Galega e Filoloxía Románica pola Universidade de Santiago de Compostela (USC), onde recentemente acaba de doutorarse e onde entre 2006 e 2011 foi secretaría dos Cursos de lingua e cultura galegas para estranxeiros e españois de […]
Triunfo de Xerardo Agrafoxo en Noia

A tarde do venres foi unha xornada feliz tanto para Xerardo AgraFoxo como para a Editorial Galaxia ao ver tan cheo de xente o Coliseo Noela de Noia para asistir á presentación do último traballo literario do autor titulado ‘Viaxe á última revolución’. O autor estivo acompañado polo director xeral de Galaxia, Víctor F. Freixanes […]
E o Nadal vai chegando, da man de Otero Pedrayo

Antes de que nos decatemos, será Nadal. Por esa época adoitamos traer aquí libros desa temática, especialmente vizosa en volumes dirixidos aos máis pequechos. Sen embargo, hai tamén outras propostas que malia ter boa acollida durante todo o ano (como demostra o feito de que teñamos que reimprimir seguido), hai que actualizar cando se achega […]
Dous libros de Galaxia, finalistas do Premio Frei Martín Sarmiento

Dous libros da Editorial Galaxia están de finalistas dos prestixiosos premios Frei Martín Sarmiento. É un dos galardóns máis cobizados do noso sistema literario pois son o alumnado e profesorado os encargados de decidir cales dos libros publicados nos dous últimos anos son, ao seu xuízo, os mellores. O grupo coruñés Chuches Amil está de […]
Daniel Asorey obtén o Premio Repsol con "Nordeste"

O escritor Daniel Asorey, profesor de Ensino Secundario e coautor do libro de narrativa DE SOÑOS E MEMORIAS (2003), obtivo o Premio de Narrativa Breve Repsol 2016, que se deu a coñecer hoxe na Coruña, cunha obra titulada NORDESTE. A historia desenvólvese en dous mundos en interconexión: o sertão brasileiro e unha ucrónica República Galega. […]
Presentación da última novela de Xerardo AgraFoxo en Noia

Este venres presentarase en Noia o novo libro de Xerardo AgraFoxo, ‘Viaxe á última revolución’. O acto está organizado polo Concello de Noia, a Asociación Cultural Barbantia e a Editorial Galaxia. Actuará a Escola de Danza Oitos dirixida por Verónica Martínez. O autor estará acompañado polo director xeral de Galaxia, Víctor F. Freixanes. A viaxe […]
Presentación de O SOÑO DA GALIZA IDEAL en Santiago

O Consello da Cultura Galega acollerá o mércores, 28 de setembro, a presentación do libro ‘O soño dunha Galiza ideal’, de Xosé Manuel Núñez Seixas e editado por Galaxia. Trátase de seis traballos, publicados en diversos libros e revistas entreos anos 2001 e 2015, que teñen como denominador común a análise das dimensións sociopolíticas e […]