Presentouse a fotobiografía dedicada a Xaime Isla

Onte, coa presenza de Xosé Luis Pastoriza, editor responsable da fotobiografía de Xaime Isla que acabamos de editar, do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e de Xosé Soutullo, director de produción de Galaxia, presentouse o libro”Xaime Isla: raíz e utopía de Galicia” e mais do número da revista Grial. Revista Galega de Cultura, […]
O IBBY recoñece a tradución de Ramón Nicolás

O International Board of Books for Young People, IBBY, recoñeceu o traballo de tradución que realizou Ramón Nicolás no libro Bisa Bea, Bisa Bel da brasileira Ana Maria Machado. Ramón Nicolás é o autor da versión galega que publicou Galaxia e que vén de ser premiada.
Mel nas filloas. Biscoitos, doces e sobremesas

Unha viaxe pola cociña clásica de respostería galega da man de Rocío Garrido Caramés.
No Día Mundial do Cancro de Mama, literatura para afrontar a realidade

Na Editorial Galaxia sumámonos a esta iniciativa recomendando o libro A mamá que perdeu as cóxegas, de Claro do Roxo. Unha historia conmovedora destinada aos pequenos e pequenas da casa que sofren tamén as consecuencias desta enfermidade.
Rebeca Baceiredo publica O canto da sibila
No Día das Escritoras elas teñen a palabra
Unha novela que vai deixar pegada

Coa sala chea a rebordar, presentouse na Casa das Campás, en Pontevedra, a última novela de Xosé Monteagudo, Todo canto fomos, que dende que saíu ás librerías está a recibir as mellores críticas. Unha gran arquitectura. Novela coral e, ao mesmo tempo, con poderosos personaxes. Unha viaxe polas emocións e a memoria histórica. As mulleres […]
Mar Maior inicia a súa andaina en Brasil

Os primeiros libros de Mar Maior estarán nas librerías brasileiras antes de final de ano. Así o acordaron a distribuidora Ponte Atlantica (Salvador de Baía) e a Editorial Galaxia. A distribuidora brasileira, xestionada por galegos e descendentes de galegos, encargarase da comercialización dos títulos, tanto nas librerías como través dunha revista de distribución gratuita que […]