Visita dos alumnos do Apóstol Santiago de Buenos Aires

Un ano máis, e canto nos gusta, os alumnos e alumnas do Instituto Santiago Apostol de Santiago fixeron unha parada na sede da nosa editorial dentro da súa viaxe por Galicia. O paso por Galaxia é xa unha tradición deste alumnado nutrido fundamentalmente por alumnas e alumnos descendentes de galegos emigrantes que, hai varias xeracións, […]
O álbum NÓS de Castelao, sempre vivo

Castelao destacou en todas as frontes nas que se situou. Como escritor, poucas pezas hai igualables ás súas COUSAS. Como político, como deseñador, dramaturgo… Este país non se entende sen el. Entre os seus moitos e célebres traballos, na nosa Editorial temos no catálogo o álbum NÓS, traballo excelso e emblema dun xeito de entender […]
Lembrando a Isla Couto

O pasado xoves, na Facultade de Filosofía de Santiago e co gallo do centenario de Xaime Isla Couto (1915-2012), un dos fundadores da Editorial Galaxia, inaugurouse unha exposición dedicada á súa vida e á súa obra que se poderá visitar ata o vindeiro 21 de outubro e que leva por título ‘Xaime Isla Couto, raíz […]
Máis alá do azul e do rosa

Entre as novidades previstas para as vindeiras semanas está, dentro da colección Intervención Social, o libro de Ana T. Jack, titulado MÁIS ALÁ DO AZUL E DO ROSA, un volume eminentemente práctico dirixido ás familias e ao mundo educativo para desenvolver hábitos de educación, dende as casas, en igualdade de cara a previr a violencia […]
Xaime Isla. Raíz e utopía de Galicia

Hoxe 22 de setembro, ás 19 horas, na Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago (praza de Mazarelos), inaugurarase a exposición ‘Xaime Isla. Raíz e utopía de Galicia’, dedicada á vida e obra dun dos fundadores da Editorial Galaxia. No acto intervirán, entre outros, Manuel Meixide Vecino (presidente da Fundación Isla Couto) e Marcelino Agís […]
2ª edición para CAMIÑOS NA AUGA en menos de un ano

O libro viu a luz o pasado mes de marzo e, a finais de xuño e diante da espectacular acollida colleitada, tivemos que meter no prelo a segunda edición desta novela de Manuel Núñez Singala que ao tempo que nos amosa o “camiño na auga” e pola auga do seu protagonista na procura da súa […]
A empresa Autos Dosil S.L. bautiza o seu último autocar de viaxeiros co nome de Edtorial Galaxia

No pazo do Tambre, na Ponte Nafonso, territorio familiar da empresa Autos Dosil S.L., celebrarase mañá, 9 de setembro, ás 12,30 horas, a ceremonia de bautizo do máis avanzado autocar da súa flota de transportes de viaxeiros, que levará o nome de “Editorial Galaxia”. Asistirán, ademais de directivos e representantes do Consello da Administración da […]
‘Bisa Bea, Bisa Bel’, recibiu o Diploma da Lista de Honor de IBBY de 2016

Na ligazón á dereita destas liñas deixamos o vídeo conmemorativo que o IBBY, a primeira institución mundial no referido á Literatura Infantil e Xuvenil, elaborou para deixar constancia dos libros que entraron na última Lista de Honra. A devandita lista recoñece os mellores e máis excelentes traballos de LIX dos dous últimos anos tanto no […]