Un verán para ler

Verán. Vacacións. Tempo para retomar lecturas. Tempo para recomendar libros. Para deixarse recomendar. Para ler novelas. Para estremecerse coa poesía. Ler: un gran plan de verán. Fronte do mar, do río, a auga da pisicina. Na sombra. Ao sol. Cunha tapa diante. Logo de correr. Coa ventá aberta porque morremos de calor. Pechados no cuarto, […]

Galegas e feministas

A escritora, historiadora e membro da Comisión de Igualdade do Consello da Cultura Galega, Encarna Otero Cepeda fai tamén a súa contribución ao número último de GRIAL adicado aos FEMINISMO(S) e que levamos debullando toda a semana. O seu traballo é unha achega á cuestión das organizacións feministas na Galiza ao longo da historia. Podes […]

O alfaiate portugués

En cuestión de moi pouco tempo sairá do prelo un libro formado por catro contos de Xavier Senín titulado ‘O alfaiate portugués’ e que publicamos na nosa colección Literaria. No último número de GRIAL adiantamos un dos relatos que formarán parte dese libro e que podes descargar na ligazón á dereita destas liñas.

"A imposición do galego"

Nun esclarecedor artigo, a doutora na Universidade de Santiago de Compostela, Marta Gómez Ocampo achégase ao que, sen dúbida, foi unha das creacións máis artificiais e forzadas dun problema que non existía e se conseguiu que existise como é a acusación, por parte de determinadas organizacións, de que o galego estaba “impoñéndose” e, loxicamente, que […]

‘Bisa Bea, Bisa Bel’, recibiu o Diploma da Lista de Honor de IBBY de 2016

Na ligazón á dereita destas liñas deixamos o vídeo conmemorativo que o IBBY, a primeira institución mundial no referido á Literatura Infantil e Xuvenil, elaborou para deixar constancia dos libros que entraron na última Lista de Honra. A devandita lista recoñece os mellores e máis excelentes traballos de LIX dos dous últimos anos tanto no […]

Facer Galicia dende un autobús

O pasado venres, a familia Dosil de Pontenafonso e directivos da Editorial Galaxia participaron no acto de presentación dun moderno autobús equipado coa máis alta tecnoloxía e que leva por nome o da Editorial Galaxia. Foi un acto que serviu para bautismar un vehículo de alta gama que demostra como dende a sociedade civil se […]

Presentación da nova novela de Inma López Silva en Bertamiráns

Este xoves, na Cafetería Ferlós de Bertamiráns, nun acto organizado en colaboración coa librería Lenda, manterase un coloquio arredor da nova novela de Inma López Silva, AQUELES DÍAS EN QUE ERAMOS MALAS. A autora estará acompañada pola crítica literaria Dolores Vilavedra, o escritor Manuel Portas e o director xeral de Galaxia, Víctor F. Freixanes. Na […]