XXIX Premio de Novela García Barros 2017

Categoría: Premio

O Excmo. Concello da Estrada, sensible co proceso cultural de Galicia, entende que un dos bens máis prezados desta Comunidade é o da creación literaria, aspecto de salientable significación no marco da Lingua e da Cultura, que redunda nun amplo desenvolvemento da propia identidade. Neste marco de referencia enténdese que calquera estímulo positivo facilita e posibilita unha mellora no eido da Literatura e é polo que así entendido, no proceso de normalización cultural, crea: o Premio de Novela “Manuel García Barros”, en colaboración coa Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Editorial Galaxia. Ademais, deste xeito, quere testemuñar a admiración e respecto e manter a presenza do ilustre académico e galeguista Don Manuel García Barros, mestre e fillo da Estrada, contribuíndo así ao espallamento da súa persoa e máis a importante achega  que a súa obra fixo ás Letras Galegas.
O premio ten unha dotación económica de 9.000 euros e a obra premiada será publicada pola Editorial Galaxia na súa colección Literaria.
Podes consultar as bases aquí.

Compartir na redes sociais: