Ana Cabaleiro presenta Sapos e Sereas en Silleda na Libraría Couceiro. Acompañarana Mónica Places e Francisco Castro. Será unha xornada de festa pola estrea dunha nova voz na literatura galega. Con estes relatos a autora quería chamar a atención sobre o absurdo dos estereotipos de xénero, un libro combativo respecto de como nos contaron as historias e as voces que lle podemos dar a esas historias.
Agardámosvos!!