Galaxia no Festigal

Coma todos os anos, o 24 e 25 de xullo, coincidindo co Día da Patria Galega, celébrase en Compostela o Festigal, unha mostra intensa da creatividade galega en todas as artes e versións da cultura. E, coma todos os anos, a nosa editorial organiza un par de actos para amosar parte da súa produción recente. […]

Entrega da Medalla de Ouro de Galicia á Fundación Penzol

Este 25 de xullo, a Fundación Penzol recibirá a Medalla de Ouro de Galicia. O acto celebrarase ás 19.30 na Cidade da Cultura de Galicia. A distinción foi outorgada o pasado día 11 de xullo e coincide cun ano no que conmemoramos o 50 aniversario da Fundación e o centenario do nacemento de Francisco Fernández […]

Anxos Sumai gaña o Premio de Novela García Barros

Hoxe fallouse na Estrada a XXV edición do Premio de Novela García Barros (Ken Keirades) que publicará, como é tradicional, a Editorial Galaxia. Nesta edición, resultou gañadora a obra de Anxos Sumai, 'A lúa da colleita'. Presentáronse un total de 21 novelas que tivo que avaliar un xurado composto por Inma Otero Varela, Armando Requeixo […]

Concerto de MARÍA FUMAÇA en Lugo

Dentro do programa Cultura Aberta da Deputación de Lugo, o tren de María Fumaça chega á cidade das murallas. María Fumaça' é un espectáculo musical que nace a partir do libro-disco-dvd 'María Fumaça. Cantar y bailar para ser más feliz', editado por Galaxia. Recoñecidos nomes da música e o teatro galegos como Uxía, Magín Blanco, […]

'Rosalía pequeniña' en Miño

A fin de semana comeza coa chegada do espectáculo protagonizado por Uxía, abeirada con Sergio Tannus e Santi Cribeiro, 'Rosalía pequeniña', concerto que forma parte do programa falaRedes da Rede de Dinamización Lingüística da Secretaría Xeral de Política Lingüística. En 'Rosalía pequeniña', Uxía repasa os temas do libro-disco de mesmo nome publicado pola nosa editorial. […]

Presentación de 'Bícame, Frank' de Miguel Anxo Fernández en Cambados

O vindeiro martes, 'Bícame, Frank', a nova novela do escritor Miguel Anxo Fernández, chega a Cambados. Unha nova entrega da popular saga protagonizada polo detective Frank Soutelo. No acto participarán Moncho Lemos, locutor de TVG e crítico de cine, Alba Sotelo, fotógrafa e autora da capa da novela e o autor. Durante este mes de […]

A Fundación Penzol recoñecida coa Medalla de Galicia

A Xunta acordou o pasado xoves conceder a "máxima condecoración que outorga Galicia", a Medalla de Ouro de Galicia, á Fundación Penzol, á ONCE e, a título póstumo, a Ceferino Díaz. É un galardón que, en palabras do vicepresidente Alfonso Rueda "Galicia lle fai a quen se consideran exemplos a seguir, a aquelas persoas, institucións […]