Neira Vilas e Antía Cal na Feira do Libro de Vigo

A súa última novela, "Esperando ao leiteiro" está a ser un dos libros máis solicitados, auténtico acontecemento das nosas letras, na liña xa coñecida dun dos nosos autores máis celebrados. Un monólogo sen pausas no que narra a vida dun mozo campesiño mentres agarda para iniciar a viaxe que, a mediados do século XX, o […]
Presentouse 'O neno can' en Vigo

O pasado venres, os escritores Fina Casalderrey e Francisco Castro presentaron, no marco da Feira do Libro, acompañados do director xeral de Galaxia, Víctor F. Freixanes, e de Marisé Pérez Mariño, secretaria do comité de UNICEF en Vigo, o libro 'O neno can'. No noso blogue deixamos un completo álbum de fotos da xornada.
Un intelectual íntegro

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, nun acto celebrado onte na Cidade da Cultura e na que participaron ademais do presidente do goberno galego, o presidente de Editorial Galaxia, o reitor da Universidade de Vigo (institución que concedeu a Isla Couto o doutorado honoris causa), o presidente da Real Academia Galega, un representante da […]
Galaxia en IlustraTour de Valladolid

Esta fin de semana celébrase en Valladolid, a V Edición de IlustraTour, encuentro internacional sobre ilustración y libros ilustrados, cun amplo programa onde as principais editoras do estado español presentan e analizan as tendencias no mundo do libro ilustrado a día de hoxe. Por primeira vez, a Editorial Galaxia é convidada a protagonizar un dos […]
Presentación de O NENO CAN en Vigo

Este venres, dentro dos actos programados pola Editorial Galaxia na Feira do Libro de Vigo, os escritores Fina Casalderrey e Francisco Castro presentarán O NENO CAN, libro publicado en beneficio de UNICEF. Os autores estarán acompañados polo director xeral de Galaxia, o escritor Víctor F. Freixanes e Gloria del Río, presidenta de UNICEF Galicia. En […]
Homenaxe institucional a Xaime Isla Couto

A Xunta de Galicia organiza o xoves, día 5 de xullo, ás 18:30 horas, unha homenaxe institucional a quen foi cofundador da Editorial Galaxia en 1950, o ilustre galeguista Xaime Isla Couto, falecido en Vigo o pasado 25 de abril. O acto celebrarase na biblioteca da Cidade da Cultura (Santiago de Compostela) e nel intervirán, […]
Mamá Cabra ultima o seu novo traballo

O exitoso grupo de música infantil Mamá Cabra, que xa publicou na nosa editorial dous libro-discos titulados Ola, ola, la! e Xa me tardan estes Magos (Premio ao Mellor Libro Infantil da Asociación Galega de Editores o ano pasado), ultiman estes días o que será o seu novo traballo, 'Bicos de música' (con CD e […]
Faleceu en Vigo a escritora Kristina Berg

Kristina Berg naceu en Halmstad (Suecia) en 1948 e morreu hoxe en Vigo, vítima dun derrame cerebral. En 1972 casou con Carlos Casares, co que tivo dous fillos: Hakan e Christian. Durante un tempo foi tamén traballadora da Editorial Galaxia. Actualmente era presidenta da Fundación Carlos Casares. En 1979 publicou "Dona Galicia", un relato dirixido […]