Presentación de O SEÑOR DAS DUNAS en Compostela

"A nosa lingua propia é un regalo para todos os galegos, e tamén é, para todos, unha responsabilidade", sinalou Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística e presidente da Rede de Dinamización Lingüística (RDL), no acto de presentación do primeiro programa de actividades que a Xunta de Galicia bota a andar no marco exclusivo dos […]

O novo libro-disco de Mamá Cabra Premio ao Mellor Libro Infantil 2011

"Pola súa contribución ó achegamento da poesía aos nenos mediante a fusión do texto e a música", segundo recoñece a acta do xurado dos Premios da Edición, convocados pola Asociación Galega de Editores, o libro-disco de Mamá Cabra, 'Xa me tardan estes Magos' foi merecente do Premio Neira Vilas que o recoñece como o mellor […]

LAURA NO DESERTO en Vigo

O acto foi presentado por Víctor F. Freixanes, quen destacou a importancia que ten para Galaxia contar cunha das voces máis consolidadas da narrativa galega actual. A encargada de comentar a novela foi a profesora de Lingua Galega e Literaratura do IES Rosais II de Vigo, Ana Gago González. Foi introducindo os personaxes e situándonos […]

Fin de semana con 'O señor das dunas'

Continúan durante esta fin de semana as representacións do espectáculo familiar 'O señor das dunas', producido por Merlín Comunicación para a Secretaría Xeral de Política Lingüística e que se enmarca dentro do programa de dinamización lingüística falaRedes. En Mondariz Balneario a representación será ás 18:30 h, na Sala de Cultura do Concello, e en Boqueixón, […]

Galaxia publica en edición dixital a obra de Casares

Un libro de homenaxe e un especial da Revista Grial completan as accións previstas pola editora neste décimo aniversario do pasamento do escritor. Baixo do título DEZ ANOS CON CARLOS CASARES, Editorial Galaxia bota a andar, este venres 9 de marzo, un mollo de actividades entre os que destacan a edición en dixital da súa […]

'Area fai seis', finalista nos Mestre Mateo

Onte, a Academia Galega do Audiovisual deu a coñecer as obras finalistas nos Mestre Mateo 2011. Se o ano pasado a Editorial Galaxia era finalista polo proxecto Contoplanet, este ano, 'Area fai seis' é finalista na candidatura de Mellor Obra Interactiva. 'Area fai seis' é un conto, escrito por Araceli Gonda e ilustrado por María […]

Presentación de LAURA NO DESERTO en Vigo

O escritor Antón Riveiro Coello presenta a súa última novela, Laura no deserto. Estará acompañado por Víctor F. Freixanes, director de Galaxia, e Ana Gago González, profesora de Lingua Galega e Literatura. A nova novela de Riveiro Coello iníciase na primavera de 1982 en Barcelona co achado dunha carta e vai espallando a súa trama […]