Xa se coñecen as obras finalistas dos premios anuais que concede a Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega nas distintas categorías.
Este ano, tres libros de Galaxia optan a senllos premios despois da primeira quenda de votacións na que os membros da AELG votan os que segundo o seu criterio son os mellores libros do ano.
Así, no apartado de ensaio, a biografía de Carme Kruckenberg escrita por Mercedes Queixas Zas está entre as tres finalistas, así como en narrativa, 'Laura no deserto' de Antón Riveiro Coello.
Por outra banda, e no premio Gálix-AELG, Marica Campo, co seu 'Noutra dimensión' que publicamos en Árbore, se atopa tamén nas portas do premio.
A finais de Maio e durante a celebración da tradicional Cea das Letras, saberemos se ademais reciben o premio final.
Sen dúbida, tres nominacións máis que merecidas.