Miguel Anxo Fernández presenta LUME DE COBIZA no Carballiño

O acto terá lugar hoxe xoves, ás 20:00 h, no Casino de Carballiño. O autor estará acompañado por Carlos Lema, director de edicións de Galaxia, Ángel de la Cruz, director de cine, e Eduardo Galán, crítico cinematográfico. O detective Frank Soutelo deixa Los Ángeles para resolver o seu primeiro caso en Galicia. Con este novo […]
Inaugurada a exposición 'No niño novo do vento'

A Casa da Parra de Santiago de Compostela acolle ata o vindeiro 26 de xuño a exposición itinerante "No niño novo do vento. Cen anos con Álvaro Cunqueiro, 1911-2011", coa que se conmemora o centenario do nacemento do escritor mindoniense mediante a mostra de todo tipo de fondos documentais, obxectos persoais, manuscritos e primeiras edicións […]
Dobre recoñecemento para Domingo Villar

Esta fin de semana foi especialmente feliz para o escritor Domingo Villar e concretamente para a súa novela 'A praia dos afogados'. O venres recibía o Premio Frei Martín Sarmiento, un galardón que outorgan os escolares de Galicia, neste caso na categoría de adultos, ao mellor libro lido por eles no ano anterior. Un galardón […]
Inauguración en Compostela de NO NIÑO NOVO DO VENTO

Editorial Galaxia, Fundación Penzol e a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia presentan esta exposición conmemorativa do centenario de Álvaro Cunqueiro. A exposición, comisariada por María García Liñeira e Víctor F. Freixanes, está composta por 16 paneis nos que se fai un percorrido pola vida e a obra de Álvaro Cunqueiro. En 8 vitrinas […]
Pero Lois Pereiro aínda

É unha opinión unánime que en poucas ocasións como a presente, a figura do homenaxeado no Día das Letras Galegas consegue unir a tantas xeracións de galegos e galegas. A obra de Lois Pereiro, ben coñecida por moitos e por moitas, a pesar da súa escasa produción bibliográfica, espallárase como poucas veces se tiña visto […]
Unha historia de amor que nos interpela

"A miña historia é persoal. Non pretende representar xeración ningunha. Aínda que é certo que o que conto lle sucedeu a moita xente do meu tempo, mozos e mozas que vivimos aqueles días", explica Xulia Alonso, autora de "Futuro imperfecto", que se presentou na Festa do Libro da cidade da Coruña. O xornalista Fran P. […]
Sempre Lois

Sempre Lois. Aquel que entendeu que o amor era unha forma de salvación. Sempre Lois. Aquel que soñou unha literatura galega que viaxase por vieiros de modernidade, dacabalo da música, do cine, abeirado á terra, ollando o horizonte. Sempre Lois. Aquel que soñaba palabras como quen soña camiños de luz onde deitar versos que alumean, […]
Literatura para a fin de semana das Letras Galegas

Damos comezo a fin de semana das Letras Galegas, unha celebración que ten que servir, ademais de para a reivindicación da nosa lingua e da nosa literatura, e para homenaxear a Lois Pereiro, para enchernos a alma de libros e de propostas culturais variadas. Galaxia enceta este período cunha serie de actividades que arrinca o […]