Unha homenaxe ben merecida

A escritora Gloria Sánchez, da que temos en catálogo 'Rato Pincho' e 'Teatro feroz', e autora tamén do conto que serpentea curioso a través do libro-disco de Mamá Cabra, 'Ola, ola, la!', será a autora homenaxeada no vindeiro Salón do Libro de Pontevedra. Baixo do lema 'É mentira', celebrarase entre o 6 de febreiro e […]

Kriseiluaren argipean

A obra de Ánxel Fole, 'Á lus do candil' vén de ser editada en éuscaro, en tradución de Josemari Navascués Baskaran na editorial Alberdania, na súa colección de Literatura Universal. Sen dúbida, é unha escolla máis que axeitada a da editorial vasca na medida en que, como levamos décadas defendendo, a nosa literatura é universal […]

Presentación da edición conmemorativa de MEMORIAS DUN NENO LABREGO

Hoxe mércores, ás 20:00 h, no Centro Social Novacaixagalicia (Praza de Cervantes, 17. Santiago de Compostela) e con motivo do 50 ANIVERSARIO da publicación do libro Memorias dun neno labrego, o Concello de Santiago e Editorial Galaxia terá lugar a presentación da edición conmemorativa con ilustracións de Xaquín Marín. Intervirán Víctor F. Freixanes, director de […]

A semana de Neira Vilas

A semana que vén vai ser realmente importante no que se refire á obra de Xosé Neira Vilas, con dous actos importantes centrados na obra 'Memorias dun neno labrego', da que a nosa editorial vén de facer unha nova edición coincidindo co medio século de vida da historia do inesquencible Balbino. Por unha banda, o […]

Cartas a Lelo, de Neira Vilas

Estes días está chegando ás librerías a 21 edición en galego da obra de Xosé Neira Vilas, 'Cartas a Lelo', probablemente, con 'Memorias dun neno labrego', os dous títulos máis populares do autor de Gres. O feito ten a súa lóxica pois Lelo é o grande amigo de Balbino, ese cativo que, dalgunha maneira, somos […]

Premio para 'Estremas' de Ana Romaní

Por segundo ano consecutivo, a web Fervenzas Literarias organizaba unha macroenquisa entre os seus lectores e lectoras para escoller os mellores libros do ano. Na categoría de poesía, o libro de Ana Romaní, 'Estremas', alzábase co primeiro posto, confirmando así as boas sensacións que todos temos dende o instante primeiro en que este volume saiu […]