A semana que vén vai ser realmente importante no que se refire á obra de Xosé Neira Vilas, con dous actos importantes centrados na obra 'Memorias dun neno labrego', da que a nosa editorial vén de facer unha nova edición coincidindo co medio século de vida da historia do inesquencible Balbino.
Por unha banda, o mércores 26, ás 20 horas e nas instalacións do Centro Social Novacaixagalicia de Santiago, presentaremos a novela nun acto no que participarán a concelleira de Normalización Lingüística, Guadalupe Rodríguez Silva, o director xeral da Editorial Galaxia, Víctor F. Freixanes e o propio autor, Xosé Neira Vilas. Nese acto contaremos coa colaboración do actor e director de teatro Cándido Pazó quen fará un breve apuntamento escénico sobre o seu espectáculo baseado no libro.
O espectáculo completo estrearase en Santiago no Salón Teatro o 28 ás 20.30, onde permanecerá durante tres días. Está previso que ese día o escritor suba ao escenario onde, sen dúbida, recibirá a calorosa homenaxe do público.
Unha semana enteira dedicada ao xenial escritor de Gres.