Presentación en Boiro de UN LONGO E TORTUOSO CAMIÑO

A Asociación Cultural Barbantia organiza esta presentación do libro 'Un longo e tortuoso camiño. Adaptación, crise e cambio no BNG. 1971-2009', de Xosé Ramón Quintana Garrido que foi merecente do Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2008. Xunto co autor participan Xan Hermida, profesor do IES Número 1 de Ribeira; Dores Torrado, responsable comarcal do BNG; […]

Entrevista ao profesor Carlos Rodríguez Brandeiro

Con motivo da visita a Galaxia da segunda promoción do Instituto Santiago Apóstol de Bos Aires puidemos conversar cun dos seus profesores, Carlos Javier Rodríguez Brandeiro, director do Departamento de Lingua e Literatura Galegas do Colexio Santiago Apóstol de Bos Aires, e Secretario Técnico Educativo da delegación arxentina da Fundación Galicia-América: -Imaxinamos que debe de […]

Visita a Galaxia dos alumnos e alumnas do Colexio Santiago Apóstol de Bos Aires

Esta semana tivemos o pracer de recibir na editorial a visita de 24 alumnos e 3 profesores do Instituto Arxentino-Galego Santiago Apóstol, un centro escolar de Bos Aires co plan educativo en galego, con 500 alumnos en tres niveis (infantil, primaria e secundaria). Coñeceron parte da historia de Galaxia, das nosas instalacións e do funcionamento […]

O legado de Xoán Vicente Viqueira chega á RAG

O escritor Xoán Vicente Viqueira, de quen temos publicado no noso catálogo o seu 'Ensaios e poesías' protagonizou onte a actualidade cultural ao facer entrega Xosé Manuel Beiras dunha importante documentación relacionada con el. Entre outros documentos, recibiuse na RAG o título de licenciado en Filosofía pola Universidade Central de Madrid. Sen dúbida, importante documentación […]

Ver o envés

Baixo o título “O envés”, Cunqueiro escribiu unha serie de columnas publicadas no Faro de Vigo, dende 1961 até 1981. O que para él foi sinónimo da cara oculta da realidade, supón todo un exemplo para calquera artista, porque construir un espazo propio implica ter a intención de facelo, e ser consciente de que o […]