"Cartas á nai", de Otero Pedrayo

Son exactamente 1.355 cartas, ás que cómpre engadir nalgúns casos as respostas da propia dona Eladia (arredor de 300), preparadas, ordenadas, transcritas e cuidadosamente anotadas polas investigadoras Patricia Arias Chachero e Mónica Pazos Martínez. No número 169 da revista GRIAL ofreceuse un adianto das once primeiras. Escritas en castelán constitúen, de feito, unha crónica interesantísima […]
A mocidade é a gran esperanza lectora

Arredor de 40.000 exemplares do periódico repartiranse gratuitamente nas feiras do libro, nas librerías e entre os lectores, colaboradores e amigos de Editorial GALAXIA. Trátase de difundir as noticias das novidades editoriais que se ofrecen ao público na primavera e verán deste ano 2007: dende New York, New York, de Inma López Silva, que abre […]
O voto emigrante a debate

Hai unha Galicia que vive fóra das nosas fronteiras e que tamén existe. ¿Que dereitos políticos podemos e queremos concederlles? O debate ten raiceiras históricas, dende a Restauración ata os nosos días. Tampouco somos o único país do mundo que vive esta circunstancia. O xornalista Anxo Lugilde (Lugo, 1970), un dos analistas políticos máis lúcidos […]
Europa e a Xeración Nós

O presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño, inaugurou en Santiago de Compostela (Museo do Pobo Galego) e na Casa Grande de Cimadevila (Trasalba), sede da Fundación Otero Pedrayo, as conmemoracións do Día de Europa cunha homenaxe á memoria histórica e á significación europeísta da Xeración Nós. Trátase dunha viaxe histórica polos sinais de […]
Eva Almazán e Rodríguez Baixeras, premiados pola Asociación de Escritores en Lingua Galega

En Santiago de Compostela, nunha cea literaria ben concorrida, entregáronse os devanditos premios, resultado das sucesivas votacións realizadas polos asociados na AELG. No apartado de tradución foi elixido o traballo de Eva Almazán: Brooklyn Follies de Paul Auster. Entre os finalistas salientou a tradución de Molloy de Samuel Becket (Clásicos Universais), realizada por Anxo Rei […]
A policía franquista informa sobre Voces Ceibes

O texto, asinado na Coruña o 15 de xaneiro de 1970, vai dirixido á Dirección General de Seguridad en Madrid, ao gobernador da provincia e á Comisaría General de Investigación Social. Nel dase conta do nacemento e das primeiras manifestacións dos compoñentes de Voces Ceibes, que como tal grupo se presentara por primeira vez na […]
Galaxia e Xerais presentan xuntas os últimos libros de Alonso Montero

Os escritores galegos ante a guerra civil española, 1936-1939 (Galaxia) e Intelectuais marxistas e militantes comunistas en Galicia, 1926-2006 (Xerais) son os títulos dos dous libros, que en certa maneira se complementan, segundo explicou o autor na presentación en Santiago de Compostela. "Trátase dunha análise metódica, crítica e rigorosa do papel dos intelectuais galegos e […]
Lectura pública. Un dereito da cidadanía

Galicia segue a ocupar os postos máis baixos respecto de índices de lectura e usos bibliotecarios. Aínda que algo se ten mellorado e a nova administración da Xunta anuncia programas de activación e investimentos económicos, as bibliotecas seguen sendo unha asignatura pendente na nosa estratrexia cultural. O informe elaborado por Hilario Hernández, da Fundación Germán […]