A Fundación Otero Pedrayo entrega o Premio Trasalba 2007 a John Rutherford

Con este galardón a Fundación Otero Pedrayo quere enaltecer a tradición e o traballo dos profesores que, sen seren de nación galega, veñen traballando polo coñecemento e a difusión da nosa lingua, da nosa literatura e da nosa cultura no mundo, proxectándonos cara á universalidade, tal que preconizaban os pais do galeguismo. Durante o acto […]

Novo premio para "Ollos de auga"

Un libro de éxito, sen dúbida, e unha magnífica estrea para un escritor que comenzaba. A novela Ollos de auga non para de dar satisfaccións. Está a piques de esgotar a terceira edición en lingua galega e preséntase coma un dos acontecementos editoriais dos anos 2006-2007. O detective Caldas, o seu protagonista, e o seu […]

"O voto emigrante" na Feira do Libro da Coruña

O libro sobre O voto emigrante, recentemente editado na colección de Ensaio, reafirma o seu interese. A recente reforma do Código Civil recoñece a posibilidade de que os netos dos emigrantes poidan adquirir a nacionalidade española. Aínda que as forzas políticas galegas non se poñen de acordo respecto do dereito ao voto da emigración. A […]

Xuño das letras na librería Trama

Velaquí a relación dos actos organizados por Editorial Galaxia que terán lugar ao longo deste mes na librería Trama (Avenida da Coruña, 21. Lugo): – Martes 12, ás 18.30 horas, contacontos a cargo de Ana Carreira. – Martes 19, ás 18.30 horas, obradoiro de debuxo para nenos e nenas por Noemí López. – Martes 26, […]

Primeiro libro de Oriana Méndez

Acompañada dos seus amigos, moitos deles membros das Redes Escarlata e, sobre todo, lectores da nova poesía que se está a facer en Galicia, Oriana Méndez (Vigo, 1984) presentou en Santiago de Compostela o seu primeiro libro: Derradeiras conversas co capitán Kraft, publicado na colección DOMBATE. Un libro sorprendentemente maduro, segundo as intervencións dos presentadores: […]

Un Eduardo Blanco Amor inédito

En coedición co Pen Clube de Galicia, Editorial Galaxia vén de publicar a obra poética de carácter amoroso, escrita en castelán por Eduardo Blanco Amor, obra profundamente marcada pola emoción dos afectos e mesmo pola pulsión erótica. Baixo o título xenérico de Ars Amandi, reúnense poemas e libros inéditos, escritos en distintas épocas, que van […]

O Premio Nobel Orhan Pamuk editarase tamén en galego

A nova novela de Orhan Pamuk, na que o escritor aínda está a traballar, titúlase O museo da inocencia. Desenvólvese na cidade de Estambul, marco habitual das súas obras, entre 1975 e os derradeiros anos do século XX, e conta a historia de Kemal, fillo dunha das familias máis ricas da cidade, e do seu […]

Cinco anos sen Carlos Casares

A Fundación Carlos Casares é a encargada de organizar estes encontros, coa colaboración da Deputación Provincial da Coruña. Trátase de reunir distintas voces de distintas literaturas coa idea de reflexionaren sobre o feito literario. Anualmente, os Diálogos Literarios de Mariñán ofrecen a oportunidade de coñecer tendencias, preocupacións, gustos e liñas de traballo, tanxenciais ou dominantes, […]