Nova York na Feira da Coruña

En pouco de tempo, Editorial Galaxia vén de editar tres libros nos que a cidade dos rañaceos está presente ou serve de pano de fondo de diferentes historias: Brooklyn Follies de Paul Auster, Xelamonite de Luis Paradelo e agora New York, New York de Inma López Silva. Tres relatos nos que a gran cidade aparece […]
Primavera en Trasalba

A cor amarela preside unha boa parte desta pintura de Virxilio, que se ofrece aos visitantes ata o próximo 1 de setembro. Segundo Otero Pedrayo, a cor amarela é a cor de Ourense, moi especialmente nesta época: a cor das mimosas (que aquí chaman acacias) e das xestas, a cor da flor do toxo e […]
Traducións de "Ollos de auga"

Domingo Villar traballa nunha nova aventura do seu personaxe, o inspector Caldas, de tan boa acollida na súa primeira entrega. Desta vez a acción seica se desenvolve en Panxón, arredor do mundo da pesca e os seus negocios, as súas intrigas e o seu ambiente característico: un universo dentro do universo.
Unha empresa sen precedentes

Isaac Díaz Pardo, Antón Mascato e Víctor F. Freixanes salientaron diante dos medios de comunicación as características da obra, resultado de máis de cinco anos de traballo e un importante esforzo de colaboración entre as tres empresas editoras: 45.000 biografías, topónimos e nomes propios; 4.500 fotografías a color; 850 planos e mapas; 425 debuxos e […]
Un diagnóstico da situación

Na Escola de Administración Pública Galega, nun acto presidido polo conselleiro de Presidencia, Xosé Luís Méndez Romeu, os xornalistas tiveron oportunidade de debatir cos autores algúns dos puntos críticos da actual situación económica de Galicia, nun animado cambio de impresións que se prolongou durante case dúas horas. "A realidade da economía galega necesita ser rescrita […]