O libro-disco de Pablo Díaz, 'Toc toc' alzouse a semana pasada co Premio da Música Martín Códax na categoría de Música Infantil. O seu traballo, publicado na colección Sonárbore impúxose aos outros dous finalistas, 'Te. chocolate, café' de Golfiños e 'Xiqui Xoque, Fiú Fiú' da familia María Fumaça.
Este traballo de Pablo Díaz, ilustrado por Nuria Díaz, foi un dos últimos lanzamentos do ano pasado da colección Sonárbore de Galaxia, de música infantil. Dende o primeiro instante, tanto nas librerías como nos concertos en directo, sentiuse o ben que era recibido polo seu público destinatario, a rapazada, así como polas súas familias. Temas como 'O Apalpador', tan propio destas datas que xa estamos a vivir como o que dá título ao libro-disco son xa unha especie de himno para todas as rapazas e rapaces do noso país.
Parabéns a Pablo Díaz e a toda a súa banda por este novo éxito. Estamos certos de que detrás virán moitos máis.