A Fundación Otero Pedrayo celebrará os vindeiros venres 20 e sábado 21 de outubro unhas xornadas arredor das figuras de Domingo Fontán e Otero Pedrayo con motivo de cumprírense os 200 anos do incio da elaboración da Carta Xeométrica de Galicia e o 151 da morte de Fontán. As xornadas terán lugar na sede da Fundación Otero Pedrayo en Trasalba, e no Liceo de Ourense, en colaboración co Centro Autonómico de Formación e Innovación da Conselleria de Educación e Cultura.
Na programación, interesante e variada, inclúense palestras sobre temas tan diversos como a análise da correspondencia entre Otero Pedrayo e Fontán, a presentación da Fundación Domingo Fontán, unha aproximación ao concepto de parroquia a través da Carta Xeométrica, a importancia da figura de Fontán na obra de Otero Pedrayo, ou a realización material do mapa.
A inauguración e presentación das xornadas terá lugar o venres ás 17h na Fundación Otero Pedrayo.
Dende Galaxia, non podemos máis que animarvos a asistir e lembrar a lectura de Fontán, a marabillosa novela que Marcos Calveiro escribiu arredor da figura do cartógrafo galego e coa que gañou o Premio Repsol en 2015.