Volve O ACHADO DO CASTRO de Manuel Núñez Singala

Categoría: Nova

'O achado do Castro' é o título dunha moi popular obra de teatro para mozas e mozos escrito hai anos por Manuel Núñez Singala e que, dende a súa saída, gozou do favor da xuventude galega. Agora, publicámola no novo deseño da colección Costa Oeste na seguridade de que vai seguir agradando a moitas xeracións de lectoras e lectores.

Na obra, o autor évanos á Roma antiga, mais faino xogando coa lingua obrigando a que os personaxes falen coma nós, con termos de hoxe en día, o que nos leva a situacións moi cómicas dende un "latín" un chisco especial. Como boa historia romana, hai un emperador, que é de todo agás espelido, soldados, filósofos barbudos e sabios, e… unha historia de amor. Humor, situacións inauditas e, sobre todo, unha lectura engaiolante.

O AUTOR

Naceu en Lugo en 1963, pero en Vilalba é onde transcorre a súa infancia e adolescencia. A Terra Cha é a súa primeira patria. Estuda, traballa e vive máis tarde en Compostela, que é como el mesmo di a súa segunda patria.
Sempre foi un gran afeccionado á lectura, pero a súa inclinación pola escrita, di que quizais lla deba aos certames literarios do instituto de bacharelato vilalbés. Nese centro estreou as primeiras obras de teatro, ata tres montaxes aló contra final dos anos setenta. Despois estudou en Santiago onde ficou. En Galaxia ten publicado a obra de teatro Comedia bífida e as obras narrativas Mar de fondo e Menú de enganos. Tamén o ensaio e os traballos de investigación sobre cuestións relacionadas coa normalización do idioma ocuparon boa parte do seu tempo, como se recolle no libro En galego, por que non?.

Compartir na redes sociais: