Víctor Freixanes: “Galaxia é un patrimonio nacional”

Categoría: Nova

Con esta frase titulan en El Progreso a entrevista que esta fin de semana lle fixeron a Víctor Freixanes, ata a semana pasada e durante quince anos director xeral da Editorial Galaxia.
“eu adiquei 30 anos da miña vida profesional a dirixir empresas editoriais, primeiro Xerais, onde entrei en 1987, e despois Galaxia, dende 2002. Foi unha etapa importante e chea de felicidade, que só me deixa alegrías. É certo que me tocou atravesar unha crise dura, dende 2009, pero afortunadamente Galaxia é unha editorial con reservas abondo, cunha política económica moi austera e cunha enorme xenerosidade, tanto por parte dos traballadores como polos membros do consello de administración. A editorial Galaxia, que se creou en 1950, nunca repartiu beneficios entre o seu accionariado. Sempre se entendeu que traballabamos para un proxecto de país. Con ese espírito me incorporei e con ese espírito marcho”.
En realidade Víctor Freixanes continúa ligado a esta casa da que segue a ser conselleiro, director da revista Grial xunto a Henrique Monteagudo e presidente da Fundación Otero Pedrayo.
Pódese ler a entrevista completa aquí.

Compartir na redes sociais: