O pasado venres deu comezo nos xardíns de Méndez Núñez da Coruña a Feira do Libro, para a que a Editorial Galaxia preparou un completo programa de actos nos que sobrancea a Semana da Música Infantil que, dende o luns 4 ao domingo 10, ás 20 horas, ofrecerá de balde ao público asistente, concertos dos principais grupos e solistas da música infantil galega.
Este é o segundo ano que a Editorial Galaxia asume a produción desta actividade que concentra a centos de familias arredor da mellor música en galego.
O programa abre este luns con Susa Herrera que porá sobre o escenario o seu espectáculo 'Animais enCantadores'. De seguido, o resto do programa.
MARTES.- PITUSA SEMIFUSA, con Olga Brañas.
MÉRCORES.- PAN DE MILLO, con Migallas Teatro.
XOVES.- ESTAMOS NO VERÁN!!!, con Xoán Curiel.
VENRES.- XIQUI XOQUE, FIÚ FIÚ!, con María Fumaça.
SÁBADO.- UNHA VIAXE POLO MUNDO, con As Maimiñas.
DOMINGO.- BRANCA VAI, con Paco Nogueiras.