Unha proposta para afrontar a crise dende Galicia

Categoría: Nova

O expresidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño, presentou en Santiago o seu novo libro: "Crise global e crise da política. Unha ollada dende Galicia", acompañado dos xornalistas Fernando Salgado (autor do prólogo) e Luis Pousa, ademáis do director xeral de Galaxia, Víctor F. Freixanes.
Unha aposta de futuro e una visión crítica sobre a realidade actual de Galicia, "que non está soa no mundo, senón no marco dunha crise global, que afecta a España e a Europa, e que para sair adiante deberá abordarse dende una visión xeral, non localista", segundo palabras do autor.
Pérez Touriño criticou especialmente a situación actual. "Galicia está vivindo un dos momentos máis difíciles, nun proceso de devalo que xa dura seis anos e do que non se ve aínda o final, por máis que dende o partido do poder intenten consolarnos con décimas de crecemento. O problema é de fondo e hai que abordalo dende solucións de fondo, que van máis alá da realidade do país, pois afectan ao conxunto do Estado, sumido tamén nunha profunda crise, igual que o conxunto de Europa".-
O autor fixo una aposta decidida pola construcción de Europa, proceso que, na súa opinión, está atrancado, e mais pola participación activa das forzas progresistas nese proceso, tamén as forzas do progreso en Galicia, que deberán tomar a iniciativa. "A historia desta crise é a historia dun enorme fracaso, o fracaso das fórmulas neoliberais e neoconservadoras".
O libro propón una reflexión dende a economía, pero tamén dende a política, a prol da movilización das bases sociais.´"Reivindicar a política significa reivindicar fórmulas novas para tomar a iniciativa, non para conformarse, moito menos para rendirse. Nesta cuestión os partidos políticos, tamén o PSOE, teñen unha parte importante da responsabilidade".
A próxima presentación do libro está prevista na cidade de Vigo, na Casa do Libro, o próximo día 15.
(No noso blogue deixamos unha completa galería fotográfica do acto).

Compartir na redes sociais: