Un libro de texto interactivo e multimedia

Categoría: Nova

Veñen de sair do prelo e veñen cheos de novidades os libros de texto de 1º e 3º da ESO da materia de Lingua e Literatura Galega. Ademais da xa clásica proposta de Galaxia de presentación dos contidos como se fosen unha pizarra, para que o alumnado aproveite a dobre páxina e non perda nunca de vista os contidos a estudar, o noso proxecto pedagóxico preséntase ao profesorado cun complemento en forma de CD interactivo cheo de Recursos e Actividades Interactivas. Unha libreta dixital organizada por unidades e que servirá para que a través das pizarras dixitais ou dos computadores, o alumnado poida adquirir os contidos dun xeito dixital, interactivo e que integre o seu traballo dentro do proceso de aprendizaxe. Estamos a falar de centos de propostas en video, audios, ligazóns e presentacións multimedia, a maiores dos contidos do libro de texto ou que os complementan, e de centos de actividades de toda clase para que os alumnos, utilizando todos estes novos recursos que as TICs nos permiten, poidan estudar, e apreder, nestas novas linguaxes que nos esixe o século XXI.

Compartir na redes sociais: