Terceira edición para 'O armiño dorme'

Categoría: Nova

A novela de Xosé A. Neira Cruz, 'O armiño dorme' que no seu día fora merecente no 2002 do Premio Raíña Lupa, chega estes días á súa terceira edición. A novela non só goza de grande éxito entre os lectores e lecoras de Galicia, senón que ten recibido importantes recoñecementos alén das nosas fronteiras, como é no caso de Brasil ao entrar a formar parte do Programa Biblioteca na Escola 2011 do goberno brasileiro. Isto implica, na práctica, que vai chegar a unha cantidade realmente impresionante de mozos e mozas lectoras. Quince mil serán os beneficiados que coñecerán de primeira man a apaixonante historia de amor que agochan as páxinas de ‘O armiño dorme’ e que sigue medrando, tamén, en galego.

Compartir na redes sociais: