Unha das temáticas que máis e mellor se abordan na trama de REO, de Xesús Fraga, ten que ver coa cultura hip hop, tan vencellada ao graffiti, marco global no que transcurre esta novela de Xesús Fraga e que foi merecente do Premio Raíña Lupa de Literatura Xuvenil do ano pasado. Con este motivo, o portal Galiciaflow, lugar de referencia na rede galega arredor destas manifestacións de cultura urbana, sortea tres exemplares entre todo o público que queira participar.
Na ligazón á dereita destas liñas explicamos como podes facer para participar.