Sherlock Holmes volve ao cine

Categoría: Nova

Hoxe venres chega ás pantallas de todo o Estado a película 'Sherlock Holmes', unha nova visita dende Hollywood, moito máis moderna que a infinidade de fitas anteriores, ao inmorrente personaxe creado por Arthur Conan Doyle.
Nesta nova versión, recae sobre Robert Downey Jr. a responsabilidade de encarnar ao detective por excelencia. Porque Sherlock Holmes é, probablemente, o arquetipo literario máis forte neste sentido, e base para a construción de todos os detectives posteriores, dende os máis clásicos aos xa imprescindibles como o Leo Caldas de Domingo Villar.
Había ben de tempo que unha estrea cinematográfica non causaba tanta expectación.
Sen dúbida, vaise falar, e moito, nas vindeiras semanas, do detective inglés. Daquela, é un máis que bo momento de nos achegar ás súas novelas orixinais, traducidas hai ben de tempo na nosa editorial, ata un total de nove títulos.

Compartir na redes sociais: