Santiago Lopo gaña o VIII PREMIO DE NARRATIVA BREVE REPSOL

Categoría: Nova

Venres 26 de setembro de 2014 (13.30 h). As 12.30 horas de esta mañá, fíxose público o fallo do VIII Premio Narrativa Breve Repsol en Lingua Galega, na Refinería de Repsol de A Coruña. O acto estivo presidido por César Gallo Erena, Vicepresidente da Fundación Repsol; Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística; así como por Berta Dávila, voceira do xurado e gañadora da pasada edición deste premio para o fomento da lingua galega.

Dávila, como voceira leu o fallo do xurado que deu como gañador do VIII Premio de Narrativa Breve Repsol á obra "A DIAGONAL DOS TOLOS" do autor vigués Santiago Lopo O Premio está dotado con doce mil euros e coa publicación da obra na Editorial Galaxia.

A voceira definiu a obra coma unha novela de viaxes e duplicidades, ambientada na Illa Reunión e formulada como a fuxida de si mesmo e da historia de dous personaxes afastados cronolóxicamente. Como trasfondo fica a reflexión sobre o home postcololial, o encontro co outro e o conflito individual coa débeda histórica. Trátase dun percorrido pola chamada "diagonal dos tolos", unha carreita apaixoante contra os propios límites. O xurado destaca a boa construción da trama, a habelencia do autor na dosificación da intriga e o inagardado final.

Pola súa parte, César Gallo Erena, Vicepresidente da Fundación Repsol, trasladou aos asistentes a satisfacción que supón celebrar a VIII edición do Premio Narrativa Breve Repsol. Este galardón se converte nun claro exemplo de acción cultural que responde a un compromiso serio para o impulso e creación literaria en lingua galega, que vai crecendo dende a súa primeira edición no 2006.

Ademais, Gallo quixo agradecer o inestimable apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, así como da Editorial Galaxia, da Real Academia Galega e da Asociación de Escritores en Lingua Galega.

Pechou o acto, Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística, que agradeceu a aposta de Repsol por este proxecto cultural, que xa se fixo un espazo propio no ámbito literario galego, ademais de destacar o seu compromiso coa cultura galega. Tamén agradeceu o rigoroso traballo dos membros do xurado.

O Premio

Trinta e unha obras orixinais e inéditas que, cunha extensión mínima de 50 folios e máxima de 120, se presentaron a este premio que chega á súa sexta edición. O galardón foi creado no 2006 pola Refinería de Repsol na Coruña e dende 2010, a Fundación Repsol toma o relevo para convocar o premio contando novamente coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, así como da Editorial Galaxia, da Real Academia Galega e da Asociación de Escritores en Lingua Galega.

O xurado formado por prestixiosas personalidades das letras galegas, estivo composto por cinco membros:
Dolores Vilavedra, profesora da literatura galega na USC, tradutora e coordinadora e autora de diferentes publicacións literarias galegas.
Euloxio R. Ruibal, dramaturgo, guionista, narrador e ensaísta. Foi nomeado pola Real Academia Galega da que é membro dende o 2006.
Mercedes Queixas Zas, nomeada pola Asociación de Escritores i Escritoras en Lingua Galega (AELG), da que é secretaria xeral dende 2005.   
Carlos González de Lema, Director de Edicións da Editorial Galaxia.

A entrega do Premio terá lugar antes de final de ano, nun acto público que se celebrará na cidade da Coruña.

AUTOR: SANTIAGO LOPO
Santiago González Lopo (Vigo, 1974) é escritor, tradutor e profesor de francés na Escola Oficial de Idiomas de Pontevedra.
Iniciouse profesionalmente traducindo guións cinematográficos para televisión e, en 1998, traduciu para o galego, xunto a Xavier Queipo, dúas obras do escritor francés Hervé Guibert: Citomegalovirus: "O meu criado e mais eu".
En 2006, gañou o Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia, con "Game over".
En 2009, publicou "Peaxes", a súa segunda obra de narrativa de ficción.
En 2012, gañou o XXIV Premio Manuel García Barros coa novela "Hora Zulú".

Compartir na redes sociais: