Romaní, Lopo e Castro, finalistas nos premios da AELG

Categoría: Nova

O pasado venres déronse a coñecer as obras finalistas dos Premios da Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega. O fallo darase a coñecer a finais de abril durante a tradicional Cea das Letras en Compostela.
Os socios e socias da AELG sinalaron a novela 'Obediencia' de Antón Lopo, na categoría de Narrativa, 'Estremas' de Ana Romaní na de Poesía, e 'O segredo de Marco Polo' de Francisco Castro na de Literatura Infantil e Xuvenil, como algunhas das mellores do ano que agora terán que someterse á segunda rolda de votacións de cara a saber quen recibirá finalmente a distinción.
Unha boa colleita para a nosa editorial.

Compartir na redes sociais: