Riveiro Coello experimenta co microrrelato en A sombra dos bonsais

Categoría: Nova

Dos prelos de Editorial Galaxia sae a nova obra de Antón Riveiro Coello. Un desafío, un xogo no que os recursos literarios empregados van minguando conforme a intensidade literaria medra. Da maior á menor extensión, das tres páxinas do relato inicial á frase única de tres palabras do conto final, nun in crescendo no que o gozo narrativo aumenta en proporción inversa aos medios expresivos empregados, Á sombra dos bonsais ofrécenos un novo achado literario dun dos narradores máis sorprendentes e de maior prestixo da literatura galega actual.
Antón Riveiro Coello (Xinzo de Limia, 1964) é autor de títulos coma A quinta de Saler (Galaxia, 1999, 3ª ed.), Finalista Premio Torrente Ballester; Animalia (Galaxia, 1999, 2ª ed.), Premio Café Dublín; As rulas de Bakunin (Galaxia, 2000, 7ª ed.), Premio García Barros; Homónima (Galaxia, 2001, 2ª ed.), Premio Álvaro Cunqueiro; Cartafol do Barbanza (2002); A esfinxe de amaranto (Galaxia, 2003); Limaiaé (2005); Casas baratas (Galaxia, 2005, 2ª ed.); A voz do lago (Galaxia, 2007, 3ª ed.), Os ollos de K (Galaxia, 2007), Finalista Premio Novela Europea Casino de Santiago; As pantasmas de auga (2010); Laura no deserto (Galaxia, 2011, 6ª ed.), Premio da Crítica Española, Premio de Narrativa da AELG e Premio Frei Martín Sarmiento; Acordes náufragos (Galaxia, 2013, 2ª ed.); Os elefantes de Sokúrov (Galaxia, 2015, 3ª ed.), Premio Fervenzas Literarias; e A ferida do vento (Galaxia, 2016, 4ª ed.), Premio Fervenzas Literarias.

Compartir na redes sociais: