Que me queres, amor? é todo un fito na historia da literatura galega e, sen dúbida, un dos seus libros máis importantes. Merecedor do Premio Torrente Ballester no ano 95, e do Nacional de Narrativa ao ano seguinte, este libro de relatos de Manuel Rivas converteuse nun fito literario desde o momento do seu lanzamento. Este volume supuxo, así, a consagración definitiva como creador de Manuel Rivas cun libro poboado de personaxes inesquecibles. Sen dúbida, algúns deles como o don Gregorio e o Pardal d’A lingua das bolboretas eran xa inmorrentes na imaxinación dos lectores moito antes da súa adaptación ao cinema. Este conto xa xustifica en si mesmo todo o volume. Por iso, desde a Editorial Galaxia fixemos unha edición só d’A linga das bolboretas nun fermoso libro ilustrado por Miguelanxo Prado.
Que me queres, amor? contén historias de todo punto conmovedoras, o que explica que sega gozando dos favores do público de dentro e fóra de Galicia desde hai tanto e tanto tempo.