
María Canosa é unha das autoras máis recoñecidas da literatura infantil e xuvenil galega. Moi nova comezou a escribir e recibir premios e distincións literarias. Desde entón non deixa de soñar historias, o que deu como froito os preto de corenta títulos que ten nas librerías.
Entre eles, podemos destacar volumes de poesía e narrativa, como é o caso de Rubicundo, Vagalume de versos, A cazadora de estrelas, O neno Inverno e Muriel, co que obtivo o Premio Merlín 2017.
Tamén ten obras pensadas para o público adulto, como é o caso de DisParo ou Non é París.
Desde hai uns anos podes vela na TVG, pois guionizou e presentou distintos programas de corte cultural. Actualmente, está na grella no progama Coma un allo.
Coa obra “H2… OH!!!” gaña o Premio Follas Novas na categoría de Mellor Libro de Divulgación do ano 2021.
Tamén podes achegarte a falar con ela en
@_MariaCanosa.