Estás aquí:

Unha historia da música en Galicia. 1952-2018

ESGOTADO
Estamos ante unha intensa viaxe que comeza con aquelas orquestras que percorrían o mundo en furgonetas por estradas imposibles. Continúa coas formacións que viñeron despois co pop, rock, beat, yé-yé, progresivo, jazz rock, folk, garage, blues, surf, a canción de autor, a movida dos anos 80, que arranca en Vigo… O autor manexa centos de horas de entrevistas que dan voz aqueles pioneiros que construíron as partituras felices da música galega. Máis de mil imaxes de discos, grupos, festivais… fan deste libro unha cumprida enciclopedia sobre a música de nós onde está todo, absolutamente todo. Ata os bises…

Compartir nas redes sociáis

Detalles do libro

Paxinas: 848
Deseño: Cartoné
Data Publicación:
Dimensións 240 x 210 mm.
Colección:
Nº na Colección:
Edición: ª
Editorial:
ISBN:
Observacións: ESGOTADO

AUTORES/AS

Fernández Rego , Fernando
Fernando-Fernandez-Rego

(Ferrol) é licenciado en Química pola USC e traballa como profesor de educación secundaria. Ademais é administrador da web musical LaFonoteca.net, coordinador da sección de música da revista Grial, escribe para Mondosonoro, Luzes e Rockdelux e colabora con múltiples plataformas, tanto dixitais como impresas.

Publicou a novela Desorden (2009) –un tratado de existencialismo pospunk–, abarcou o relato e a poesía en Blues From A Gun. Secuencias interiores (2011), publicou ensaios como o libro-CD 50 Anos de pop, rock e malditismo na música galega (2010) e Galicia en clips (2012), este último xunto a Pablo Portero; e tamén biografías como a da banda de Lugo Los Contentos, Cuando Ríes. Los Contentos (Unos Malditos Pioneros del Garage) (2014), xunto a Piti Sanz, e a de Andrés do Barro, Andrés do Barro. Saudade (2015). En 2019 publicou Unha Historia da música en Galicia 1952-2018 (Galaxia, 2019). Xunto a Sergio Peck (Carrero Bianco) é o responsable do selo discográfico Ferror Records.

As súas obras

Unha historia da música en Galicia. 1952-2018
unha-historia-da-musica-en-galicia
Suso Vaamonde. A canción libre e comprometida dun pobo
9788491518273
24.00€ CON IVE

COLECCIÓN

A revolución vertical
a-revolucion-vertical
16.35€ CON IVE
Moito Morro Corporation, Sociedade Ilimitada
Moito Morro Corporation
11.50€ CON IVE
No país do vento
no-pais-do-vento
20.00€ CON IVE
Unha historia da música en Galicia. 1952-2018
unha-historia-da-musica-en-galicia