Estás aquí:

Código: 2732

O outro lado da música, a poesía

22,00  IVE INCLUIDO
Relación entre ambas as artes da historia da literatura galega
Publicouse nos solpores dos anos noventa abeirado polo contexto da escrita poética e ensaística declaradamente musicais da súa autora, e cualificado no seu día como un convite a nos abismar “polos camiños da metáfora e das semifusas”, conscientes de que “poucos ensaios hai tan acertados sobre a música e a poesía” (Lino Braxe). Neste douto e orixinal ensaio, que agora Editorial Galaxia reedita, lévase a cabo unha relectura da historia da poesía galega procurando nesta a presenza substantiva da música, dende a Idade Media ata as Irmandades da Fala e a época Nós, e que converte a obra nun exercicio fundamental para mellor comprender tanto a poesía galega de todo tempo como a propia escritura de Luísa Villalta.

Compartir nas redes sociáis

Detalles do libro

Paxinas: 192
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación:
Dimensións 135 x 210 mm.
Colección: Ensaio
Nº na Colección: 111
Edición: 1ªª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9151-750-4
Observacións:

AUTORES/AS

Villalta , Luisa
Luisa Villalta

(A Coruña, 1957-2004) poeta, narradora, dramaturga, ensaísta, filóloga e violinista, deu ao prelo os poemarios Música reservada (1991), Ruido (1995), Rota ao interior do ollo (1995) e En concreto (2004). Da súa obra teatral destacan Concerto para un home só (1989), O representante (1990), O paseo das esfinxes (1991) e As certezas de Ofelia (1999). Como narradora publicou Siléncio, ensaiamos (1991), Teoría de xogos (1997) e As chaves do tempo (2001), e os ensaios O don Hamlet de Cunqueiro: unha ecuación teatral (1992) e Libro das colunas (2005), así como O outro lado da música, a poesía (1999), que agora ve a luz en Editorial Galaxia, ademais de traducións e colaboracións en revistas como Grial,
A Trabe de Ouro, A Festa da Palabra Silenciada, Página Abierta, Mondo Lusofono
e Tempos Novos.

As súas obras

O outro lado da música, a poesía
9788491517504
22.00€ CON IVE

COLECCIÓN

Ensaio

A arte do imposible
arte
25.40€ CON IVE
A condición homosexual
foto
22.20€ CON IVE
A cuestion ambiental en Galicia
ac uestion ambintal
28.60€ CON IVE
A etapa portuguesa de Colón e a súa viaxe Ultra Tile
etapa portuguesa colon
20.65€ CON IVE
A Galicia clásica e barroca
foto
22.95€ CON IVE
A imaxe de Galicia e os galegos na literatura castelá
A investigación educativa en Galicia 2002-2014
A investigación educativa en Galicia 2002-2014
29.60€ CON IVE
A lume manso. Estudios sobre historia social da alimentación
lume manso
20.00€ CON IVE