Estás aquí:

O ladrón de paraugas

ESGOTADO
Fazulas, o gato persa de dona Adelaida, quere saber de que cor é o vento. Para descubrilo, emprenderá unha fantástica viaxe, collido á empuñadura dun paraugas, onde, o moi sabichón, dará cumprida resposta ao seu misterio.

Compartir nas redes sociáis

Detalles do libro

Paxinas: 32
Deseño: Cartoné
Data Publicación:
Dimensións 240 x 210 mm.
Colección: Álbumes
Nº na Colección: 34
Edición: 1ªª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9151-759-7
Observacións:

AUTORES/AS

Valcárcel , Sara
Sara Valcárcel

Natural da Estrada, Sara Valcárcel (1994) é unha creativa multidisciplinar que compaxina o seu traballo como responsable de Comunicación na Editorial Galaxia coas súas paixóns artísticas, entre as que destaca o seu proxecto Noaltodopoleiro.

O seu universo comprende a ilustración, o deseño e a fotografía. A súa vocación polas artes visuais levouna a traballar nelas e adaptalas ao mundo real, creando o seu propio estilo.

Estudou Comunicación Audiovisual en Santiago de Compostela e está especializada en Dirección de Arte Publicitaria. Tivo a oportunidade de formarse en cidades coma Bos Aires ou Berlín, ambas as dúas grandes experiencias que ampliaron a súa visión do mundo e ensináronlle a mirar desde prismas completamente diferentes, os cales aplica á hora de traballar.

No ámbito editorial, ilustrou “O ladrón de paraugas”, de Xosé Lueiro (Editorial Galaxia, 2021),  “Call me Sinbad”, de Francisco Castro (Small Stations, 2020), e a cuberta de “Un intre antes do solpor”, IV Premio Varela Buxán, de Ana Carreira (Fundación Cultural da Estrada, 2015).

As súas obras

O ladrón de paraugas
9788491517597
Lueiro , Xosé
Xosé Lueiro

(Caldas de Reis, 1969) é filólogo pola USC, normalizador lingüístico, músico e xerente da Escola Municipal de Artes Escénicas do Concello da Estrada. Publicou o poemario Antoloxía dun naufraxio (2000), o texto dramático As papoulas do peregrino (2002), a banda sonora do musical El zorro, estreado no Teatro Calderón de Madrid (2002), o CD Aire (2005), o Anuario do Teatro Galego 2003- 2004 (2006), o texto dramático Alerta cibernética (2006), a banda sonora do musical Robin Hood (2008), o libro-CD Cantos de sol a sol, xunto a Xosé Neira Vilas (2014) e o libro-CD Canto lo que hago (2016). Paralelamente colaborou coa revista poética Augasverso, a revista cultural Tabeirós Terra e levou a sección de crítica teatral do xornal Galicia Hoxe (2005 a 2008). Recibiu os premios San Martiño de Normalización Lingüística (2007) e o Salmón de Ouro á súa traxectoria teatral (2009).

Foto do autor de Lucas Terceiro

As súas obras

O ladrón de paraugas
9788491517597

COLECCIÓN

Álbumes

A caca cuca
9788491517443
A caca cuca
9788491519348
15.90€ CON IVE
A túa historia
a-tua-historia
15.90€ CON IVE
ABRAPALABRA!
abra
esgotado
Acouga, Babau
9788491515579
15.90€ CON IVE
Akna. Os mariñeiros da terra de xeo
9788491515821
15.90€ CON IVE
Alba
9788491516354
15.90€ CON IVE
Alba de groria (ilustrada)
9789491515623
15.90€ CON IVE