Naceu na Coruña en 1965. Estudou historia e literatura popular europea nas universidades de Santiago de Compostela e Zúrich. Nesta última institución, despois de escribir a súa tese de doutoramento, impartiu cursos sobre a relixiosidade popular e sobre as peregrinacións na Europa da Idade Moderna. En 1989 percorreu o Camiño de Santiago en bicicleta, dende Suíza ata os Pirineos, e a pé dende alí ata Compostela.