Numerosas son as maneiras de organizar un libro. Máis que entregarnos unha escolma de relatos, o que fai Ana María Arellano é transformar as páxinas do seu libro nunha bandexa na que nos ofrece todo un menú literario. A lóxica subxacente a este procedemento é un xogo nada inocente pero sempre ameno e curioso, un xogo con consecuencias. A quen lle guste a literatura, que colla garfo e coitelo e se dispoña a un manxar especial.
Compartir nas redes sociáis
Detalles do libro
Paxinas: 144
Deseño: Rústica
Data Publicación:
Dimensións 120 x 164 mm.
Colección: Descuberta
Nº na Colección:
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-8288-254-3
Observacións:
AUTORES/AS
Arellano , Ana María
(Zaragoza, 1954). Licenciada en Ciencias Empresariais, reside e traballa en Galicia desde 1978. Forma parte do equipo da revista de pensamento feminista Andaina desde 1989. É autora dun libro de relatos titulado Menú de Degustación (Galaxia, 1999).