Estás aquí:

Fuxir

ESGOTADO
Unha obra narrativa que logra reflectir o movemento, que capta as emocións. E que se pregunta: por que non nos detemos xamais? Os lugares: Shanghai e a illa de Elba, a China contemporánea, próxima e urbana, e a Europa esquecida, sorprendentemente afastada e primitiva. Os sentimentos: a estrañeza do amor e a familiaridade da morte. O tempo: a velocidade e a simultaneidade. Fuxir, a novela coa que Jean-Philippe Toussaint acadou o Premio Médicis no ano 2005, hipnotiza cunha prosa atenta aos detalles, subxugadora e que le con verdadeiro pracer.

Compartir nas redes sociáis

Detalles do libro

Paxinas: 158
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación: 03/05/2007
Dimensións 13,5 x 21 cm mm.
Colección: Biblioteca Compostela de Narrativa Europea
Nº na Colección:
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-8288-967-2
Observacións: ESGOTADO

Novas relacionadas con este libro

AUTORES/AS

Toussaint , Jean-Philippe
toussaint

Jean-Philippe Toussaint (Bruxelas, 1957) é un dos máis brillantes escritores en lingua francesa da súa xeración. Reside en Francia desde 1971. Os seus personaxes, solitarios empedernidos, habitan un universo narrativo que se caracteriza pola discontinuidade e as permanentes rupturas do relato. Ten publicado La Salle de bain (1985), Monsieur (1986), L’Appareil-photo (1989), La Réticence (1991), La Télévision (1999) e Autoportrait (à l’étranger) (2000). Tamén se dedicou á escritura de guións de cine e en 1999 realizou a película La patinoire.

Con Faire l’amour (2002) e Fuxir (2005, Galaxia 2007), a súa obra deu un novo xiro. Ambos libros forman un díptico: o primeiro narra unha ruptura, o segundo as súas consecuencias. A súa obra vaise facendo máis visual, máis cinematográfica. Fuxir é unha fermosa resposta literaria ás creacións de interesantes cineastas contemporáneos, como David Lynch o Wong Kar Waï.

As súas obras

Fuxir
fuxir
A verdade sobre Marie
marie

COLECCIÓN

Biblioteca Compostela de Narrativa Europea

A casa dos encontros
encontros
20.95€ CON IVE
A cea
cea
A desaparición de Esme Lennox
desap
20.95€ CON IVE
A elegancia do ourizo
ourizo
23.60€ CON IVE
A fama. Novela en nove historias
fama
17.75€ CON IVE
A medición do mundo
medicion
22.00€ CON IVE
A pensión Eva
pension eva
16.70€ CON IVE
A pista de area
pista
20.00€ CON IVE