Naceu no Páramo en 1961. Vinculada desde os anos da infancia a Quiroga, reside en Ourense, onde desenvolve a súa actividade docente. Deuse a coñecer como narradora en 2003 cando publicou Adeliña, novela gañadora do premio Pura e Dora Vázquez, que volveu gañar en 2012 con Rugando. En 2007 obtén o premio Breogán de contos co relato "Un tango na noite". É autora de obras de teatro infantil: Cataventos e cía. (premio Barriga Verde de textos teatrais, 2004) e Velaí vai o papaventos (2014), o ensaio literario Voces na terra (1995) e materiais didácticos para a aprendizaxe da lingua galega.