Sobre Marcial e os seus Epigramas recae o mérito de ter convertido este tipo de composición nun xénero de importancia no seo da literatura latina. Nacido no século I en Bilbilis, nas proximidades da actual Calatayud (Aragón), Marcial bota man de múltiples recursos retóricos e dunha rica variedade de asuntos para escribir estes textos que xa en vida lle proporcionaron unha gran popularidade, que o paso do tempo non fixo máis que acrecentar.
Compartir nas redes sociáis
Detalles do libro
Paxinas: 932
Deseño: Rústica
Data Publicación: 01/04/1999
Dimensións 13,5 x 21 cm. mm.
Colección: Clásicos en galego
Nº na Colección:
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-8288-261-1
Observacións:
AUTORES/AS
Marcial
Según mostran os seus epigramas -única fonte de información sobre a súa vida- Marcial debeu nacer entre os anos 38 e 41 d.C. na cidade de Bílbilis, poboada polos lusones, poboación de orixe celtíbero pero moi romanizada .